• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo

Modelo de Xestión

A base do benestar

É un entorno limpo, saudable e coidado

Modelo de Xestión

modelo de gestion empresarial

Un entorno limpo e coidado e un ambiente saudable constitúen a base do benestar e a produtividade dos empregados que traballan nun espazo funcional.

En FARO Facility Services a limpeza profesional la organizamos a partir de procesos, métodos e persoas. Isto asegura ao cliente sempre a mesma excelencia de calidade nos servizos prestados.

FARO Facility Services ofrece unha ampla gama de solucións personalizadas e para cada sector de actividade. Isto permítenos adecuarnos ás necesidades do cliente en cada momento, independentemente do tamaño ou actividade da súa empresa.

En FARO Facility Services ofrecemos experiencia, técnicas e equipos avanzados, e as solucións máis adecuadas ás necesidades de limpeza que esixan nas diferentes instalacións de organismos públicos e privados.

Pasos que segue FARO Facility Services para un servicio eficaz:

Previo ao inicio do servizo:

  • Estudo técnico das instalacións para determinar as súas necesidades.
  • Organización do servizo para obter o mellor rendemento, planificando e establecendo obxectivos de acordo co cliente.
  • Selección e formación do persoal.

Inicio del servicio:

  • Reunión do xestor do servizo co cliente e concretar pautas do servizo.
  • Presentación do persoal que realizará o servizo.
  • Avaliación dos riscos laborais asociados ao servizo.
  • Subministro de produtos e materiais.

Durante o servizo:

  • Control continuado do servizo mediante visitas programadas e aleatorias dos nosos xestores de servizos.
  • Informes de calidade.
  • Actividades correctoras co obxectivo de manter a calidade desexada.

O sistema de limpeza empregado por FARO Facility Services denominámoslle SISTEMA DE LIMPEZA AVANZADO que se resume en :

  • Sistemas de Traballo en Equipo. Procedemento de asignación de responsabilidades individuais e colectivas experimentado en múltiples centros con éxito.
  • Mecanización. Tecnificación progresiva do servizo que axilice os procesos e dignifique o traballo. MAQUINARIA DE BAIXO CONSUMO E EMISIÓNS, todos os equipos e medios técnicos que esta empresa utiliza teñen un baixo nivel de rumorosidade e de emisións de C02, así como un baixo consumo de auga e enerxía.
  • SISTEMA DE MICROFIBRA: o uso do método de limpeza MICROFIBRA garantiza o aforro de tempo, diñeiro e esforzo tanto na limpeza doméstica como profesional, así como en áreas dónde a limpeza e a desinfección son prioritarias.
  • SISTEMA DE LIMPEZA DE CRISTAIS CON AUGA OSMOTIZADA: o sistema de limpeza de cristais con auga osmotizada permite reducir o tempo de traballo e alargar a durabilidade da limpeza ao evitar o uso de produtos químicos que crean unha película que en lugar de protexer xenera un efecto de atracción sobre as partículas de polvo e permite a fixación de substancias de tipo oleoso.
  • PRODUCTOS ECOLÓXICOS: todos os nosos produtos están acreditados pola Ecoetiqueta, tendo en conta todos os factores ambientais.
   Solicita presuposto
+34 902 172 072
Empregados
Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter
Síguenos en Instagram
Síguenos en Linkedin