• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo
limpeza industrial empresas galicia

Limpeza industrial

Servizos para empresas

Servizos de Limpeza Especializados para Empresas

FARO Facility Services é especialista dende hai catro décadas en limpeza industrial. Actualmente utilizamos as máis modernas técnicas de limpeza executadas polo persoal altamente cualificado cunha dilatada experiencia en cada un dos servizos específicos. Posuímos maquinaria e tecnoloxía específica adaptable ás necesidades do cliente e a súa produción.

Un servizo centrado na axilidade para non afectar á produtividade dos nosos clientes, contando con avances tecnolóxicos e personal altamente cualificado para obter os mellores resultados posibles nos traballos desenvoltos en calquera tipo de industria. O noso servizo de limpeza industrial é integral, ofrecendo unha soa empresa todas as xestións que necesite gañando en tempo, diñeiro e efectividade.

Limpeza de portos, aeroportos, estacións de ferrocarril e autobuses

Estacións, terminais, zonas de espera, sanitarios, consignas, zonas de restauración e catering... onde unha boa hixiene é imprescindible para que o usuario se sinta máis cómodo.

Limpeza de autobuses, vagóns e buques

FARO Facility Services inclúe dentro dos seus plans de traballo a maquinaria específica para medios de transporte, así como servizos adicionais como:

  • Limpeza de butacas de autocares, trens, avións...
  • Ozonización de salas de espera e espazos confinados.
  • Limpeza de pavimentos de moqueta.
  • Limpeza exterior de avións, autocares, camións...

Tamén ofrecemos o servizo de limpeza de barcos, tanto a nivel externo como interno.

Limpeza de centros comerciais e ocio

Ofrecemos servizos de limpieza específicos para estos centros como:

  • Limpeza inicial de obra.
  • Limpeza programada segundo as necesidades con apertura en festivos e horarios especiais para estrenos, inauguracións de temporada etc. Programamos os servizos en horarios de menor interferencia para o cliente.
  • Dotamos aos centros de maquinaria específica, máquina de condutor sentado, abrillantadoras… todo para o tratamento específico de superficies e limpezas técnicas especializadas.
  • Adecuamos plans de traballo específicos para o mantemento de pasillos e zonas de paso, ademais periodicamente incorporamos servizos de limpeza de escaleiras mecánicas.
  • Designamos a figura do Responsable de centro, para que interactúe entre o equipo de limpeza, a empresa e o centro comercial.

Limpieza de fábricas e complexos industriais

Industria xeral

Ofrecemos sistemas de limpezas adaptados aos procesos produtivos, dimensionamento de persoal segundo as cargas de traballo, limpeza completa de liñas de produción, recollida e clasificación de residuos.

Industria Química-Farmaceútica

Salas brancas, nebulización e esterilización de salas con cumprimento estrito dos procedementos e normas específicas do sector.

Industria de Automoción

Limpeza especializada en instalacións de pintura, limpeza crioxénica, liñas de produción, etc. a través de persoal altamente capacitado e formado.

Limpeza de instalacións de elaboración, distribución e almacenamento de alimentos

Somos especialistas en limpeza e desinfección de liñas de produción de todos os sectores da alimentación coa finalidade de manter en óptimas condicións de hixiene e desinfección das superficies e os equipamentos das instalacións industriais:

  • Limpeza de depósitos e cubas.
  • Limpeza aire e ventilación.
  • Limpeza de liñas transportadoras.
  • Limpeza e desinfección de superficies.
  • Limpeza de cámaras e túneles frigoríficos.
  • Limpeza de maquinaria de envasado.
  • Desinfección ambiental.

Dispoñemos de equipos de traballo cun elevado nivel técnico e garantía de cumprimento da lexislación vixente.

FARO Facility Services coa súa metodoloxía de traballo e experiencia en practicamente todos os sectores agroalimentarios (cárnico, lácteo, conservas, vexetais, comidas preparadas, líquidos, etc), garante a calidade dos produtos e o cumprimento das auditorías do sector, en estreita colaboración cos Departamentos de Calidade dos nosos Clientes.

   Solicita presuposto
+34 902 172 072
Empregados
Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter
Síguenos en Instagram
Síguenos en Linkedin