APOIAMOS O PACTO MUNDIAL
Este ano (2019) asinamos a nosa adhesión ao Pacto Mundial (Global Compact) promovido desde a Organización de Nacións Unidas, no cal se fai un chamamento a que as organizacións se aliñen voluntariamente cos Dez Principios aceptados universalmente para promover o desenvolvemento sostible nas áreas de dereitos humanos e empresa, normas laborais, medioambiente e loita contra a corrupción nas actividades e a estratexia de negocio das empresas. Trátase da iniciativa máis grande e estendida do mundo en canto a Responsabilidade Corporativa.
En FARO Facility Services queremos achegar o noso gran de area e queremos facelo ademais de maneira activa, sendo partícipes neste cambio de forma directa.
OS DEZ PRINCIPIOS da Rede Española do Pacto Mundial
Dereitos Humanos
- 1 Apoiar e respectar a protección dos Dereitos Humanos.
- 2 Non ser cómplices na vulneración dos Dereitos Humanos.
Normas Laborais
- 3 Apoiar a liberdade de afiliación e a negociación colectiva.
- 4 Apoiar a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.
- 5 Apoiar a erradicación do traballo infantil.
- 6 Apoiar a abolición das prácticas de discriminación.
Medio Ambiente
- 7 Manter un enfoque preventivo que favoreza o medioambiente.
- 8 Fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.
- 9 Favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medioambiente.
Loita contra a Corrupción
- 10 Traballar contra a corrupción en todas as súas formas.