Limpezas na Coruña
Grupo Faro é unha das empresas líder en limpezas na Coruña e arredores

Empresa de limpeza na Coruña
Desde a nosa sede de Bergondo, a poucos quilómetros da Coruña, ofrecemos servizos de limpeza na propia cidade herculina, Ferrol, Santiago, Lugo e outras cidades do norte de Galicia. Cubrimos todo tipo de necesidades: unha limpeza xeral puntual, un mantemento regular ao longo de todo o ano, tratamentos de superficies, edificios con necesidades especiais (naves industriais, hospitais...), xestión de residuos tóxicos, limpeza de comunidades, edificios de oficinas, etc.
Chámenos e solicítenos orzamento sen compromiso
Se está interesado nalgún dos nosos servizos pode solicitarnos orzamento sen compromiso a través dos teléfonos das nosas oficinas ou a través dos nosos correos electrónicos.
Solicite o seu orzamento agora

Especializámonos en limpeza industrial
Levamos catro décadas realizando limpezas industriais. Actualmente utilizamos as máis modernas técnicas de limpeza da man de persoal altamente cualificado cunha dilatada experiencia en cada unha das especialidades do servizo. Posuímos maquinaria e tecnoloxía específica adaptable ás necesidades do cliente e á súa produción.
Coa axilidade necesaria para non afectar á produtividade dos nosos clientes, o noso persoal cualificado ocúpase de obter os mellores resultados posibles nos traballos desenvolvidos en calquera tipo de industria. O servizo de limpeza industrial que ofrecemos é integral, ocupándose unha soa empresa de todas as xestións que precise gañando en tempo, diñeiro e efectividade.