Formación continua con Grupo Faro
Consideramos de vital importancia a axeitada formación dos profesionais que coidan da saúde dos nosos edificios.
Desenvolvemos un plan de formación específico e continuo para o persoal que poñemos á disposición do centro, con horas a cargo da empresa e con programación semestral. Os diversos cursos que se imparten réxense en función do plan de formación individual de cada traballador, tanto en saúde no traballo, riscos laborais, tecnoloxía, técnicas de limpeza, etc..
Formación a clientes
Actualmente, xa ninguén se formula as formas de limpeza de antano. Hoxe existe unha gran concienciación, tanto pública como a nivel privado, respecto da importancia que ten a limpeza baseada en técnicas e tecnoloxías axeitadas, tanto para a saúde pública como para o noso contorno.
Ademais de priorizar a formación do persoal do noso cadro, ofrecemos cursos de formación ao persoal de clientes que veñen realizando o servizo de limpeza co seu propio cadro, colaborando tamén na organización de cursos para sindicatos, concellos, ONG ou outros organismos.

