Máis de 50 anos ofrecendo o mellor aos nosos clientes.

A nosa longa experiencia permitiunos identificar os elementos do servizo que máis aprecian os nosos clientes.

Experiencia e confianza ao servizo de cada cliente

Traballamos coa experiencia que nos achegan máis de 1.500 clientes do sector público e privado.

faro-facility-services-atencion-inmediata

Atención inmediata

En cada delegación dispoñemos de dous equipos móbiles de resposta inmediata (máx. 1 h) dotados de medios e experiencia para atender todo tipo de imprevistos relacionados co servizo que poidan afectar á actividade normal do cliente, como poden ser os efectos causados por vandalismo, incendio, inundación, temporal, etc.
grupo-faro-respeto-ambiental-productos-limpieza

Escrupuloso respecto ambiental dos produtos de limpeza

Xa que na súa totalidade virán avalados polo cumprimento estrito dos criterios ambientais máis esixentes e a totalidade dos envases estarán totalmente libres de plásticos haloxenados. Todos os nosos produtos están certificados por ECOLABEL.
faro-facility-services-formacion-previa-continua

Formación previa e continua

Formación constante de todo o persoal de limpeza, cuxo custo e demais obrigas recaerán totalmente en FARO Facility Services, prestando especial atención á formación relativa a aspectos como a protección ambiental e a xestión de residuos, e á seguridade e saúde laboral.
faro-facility-services-organizacion-medida

Organización á medida

A partir das necesidades reais do centro, adecuando a estruturación do servizo á súa situación actual e posibilitando as futuras variacións de horarios ou quendas que requiran esas mesmas necesidades, permanentes ou puntuais, de cada centro.
faro-facility-services-seguimiento-activo-absentismo

Seguimento activo do absentismo

Utilizando medios propios e contratados co fin de minimizar a súa incidencia no servizo.
faro-facility-services-compromiso-restauracion

Compromiso de restauración

De danos ou roturas que puidesen derivarse do servizo de limpeza proposto, e garantía de reposición dos danos ocasionados mediante seguro de R.C.
Operaria limpiando un puesto de trabajo en una oficina

Dispoñibilidade do persoal

Correctamente formado para suplencias motivadas por baixas, vacacións ou calquera outro imprevisto que poida xurdir.
faro-facility-services-comunicacion-permanente-con-cliente

Comunicación permanente co cliente

Comunicación fluída e inmediata entre o responsable do centro e FARO Facility Services, para planificar a súa organización e desenvolvemento, de maneira que poida facernos chegar os comentarios e observacións que estime necesarios, así como as incidencias que poidan xurdir, as 24 horas do día durante todo o ano.
faro-facility-services-evaluacion-continua-servicio

Avaliación continua do servizo

Mediante supervisións periódicas que serán realizadas directamente polo noso equipo. Levaranse a cabo controis semanais do noso persoal en todos os ámbitos, como a calidade do servizo, controis de presenza, etc.
faro-facility-services-calidad

Calidade

Todos os nosos servizos están pensados para ofrecer ao cliente a mellor relación calidade-prezo.

Pasos que segue FARO Facility Services para un servizo eficaz

Pasos que segue FARO Facility Services para un servizo eficaz

Antes de comezar o servizo

1
  • Estudo técnico das instalacións para determinar as súas necesidades.
  • Organización do servizo para obter o mellor rendemento, planificando e establecendo obxectivos de acordo co cliente.
  • Selección e formación do persoal.

Inicio do servizo

2
  • Reunión do xestor do servizo co cliente e concreción das pautas do servizo.
  • Presentación do persoal que realizará o servizo.
  • Avaliación dos riscos laborais asociados ao servizo.
  • Subministración de produtos e materiais.

Durante o servizo

3
  • Control continuado do servizo mediante visitas programadas e aleatorias dos nosos xestores de servizo.
  • Informes de calidade.
  • Actividades correctoras co obxectivo de manter a calidade desexada.

Sempre ao lado dos nosos clientes.

O sistema de limpeza que utilizamos chámase Sistema de Limpeza Avanzado

Que usamos

Información

Sistemas de traballo en equipo

Procedemento de asignación de responsabilidades individuais e colectivas, probado con éxito en múltiples centros.

Mecanización

Tecnificación progresiva do servizo que axilice os procesos e dignifique o traballo. Maquinaria de baixo consumo e emisións; todos os equipos e medios técnicos que esta empresa utiliza teñen un baixo nivel de rumorosidade e de emisións de CO2, así como un baixo consumo de auga e enerxía.

Sistema de microfibra

O uso do método de limpeza con microfibra garante o aforro de tempo, diñeiro e esforzo tanto na limpeza doméstica como na profesional, así como en áreas onde a limpeza e a desinfección son prioritarias.

Sistema de limpeza de cristais con auga osmotizada

O sistema de limpeza de cristais con auga osmotizada permite reducir o tempo de traballo e prolongar a durabilidade da limpeza ao evitar o uso de produtos químicos que crean unha película que, en lugar de protexer, xera un efecto de atracción sobre as partículas de po e permite a fixación de substancias de tipo oleoso.

Produtos ecolóxicos

Todos os nosos produtos están acreditados pola Ecoetiqueta, tendo en conta todos os factores ambientais.

Proximidade, profesionalidade e experiencia.

Solicite o seu orzamento sen compromiso.

Grazas por confiar en FARO Facility Services

Encha o formulario que se mostra a continuación para facernos chegar a súa solicitude.