Somos unha empresa acreditada

FARO Facility Services ofrece solucións innovadoras, sostibles e axustadas á normativa.

Certificacións e acreditacións

Certificación UNE-EN ISO 9001:2015

O 04 de maio do ano 2012 FARO Facility Services convértese en empresa de limpeza certificada en ISO 9001:2015 Sistemas de Xestión de Calidade.

Este sistema de xestión abrangue todas as actividades relacionadas coa xestión administrativa e a prestación de servizos de limpeza e mantemento, incorporando boas prácticas do sector e procedementos propios da organización.

Certificación UNE-EN ISO 14001:2015

FARO Facility Services conta con certificación UNE-EN ISO 14001, que acredita o seu compromiso cunha xestión ambiental responsable.

Isto tradúcese en medidas para reducir o impacto da súa actividade, como a correcta xestión de residuos, o uso de produtos e maquinaria máis sostibles e a formación do persoal en boas prácticas medioambientais.

Certificación ISO 45001:2018

FARO Facility Services reforza a seguridade laboral mediante procedementos de traballo seguro, identificación de riscos, formación continua e medidas de prevención.

O seu sistema de xestión de seguridade e saúde no traballo garante a protección dos traballadores a través de servizos de prevención, protocolos específicos e actuacións orientadas a minimizar riscos en cada servizo.

Inscrita no ROEL

Desde o 17/07/2023 estamos inscritos no Rexistro Oficial de Empresas de Limpeza (ROEL).

É un rexistro público promovido polas dúas principais asociacións empresariais a nivel nacional do sector da limpeza, ASPEL e AFELIN, no que se pretende regular o sector da limpeza garantindo e reivindicando a súa profesionalidade e solvencia.

Inscrita no ROESB: 0462-GAL-SCO

Inscrita no REXISTRO OFICIAL DE ESTABLECEMENTOS E SERVICIOS BIOCIDAS (ROESB): 0462-GAL-SCO

Ecoetiqueta Europea (Ecolabel)

Produtos de limpeza de uso xeral e os produtos de limpeza de cociñas e baños.

Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, nº 960

Estamos inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Rexistro de Empresas Acreditadas Sector da Construción, (REA) nº 11/36/0013281

Estamos inscritos no Rexistro de Empresas Acreditadas Sector da Construción.

Rexistro Oficial de Licitadores e empresas Clasificadas do Estado (ROLECE)

Estamos inscritos no Rexistro Oficial de Licitadores e empresas Clasificadas do Estado.

Cubrimos as necesidades dos nosos clientes

Ofrecemos solucións innovadoras e creativas, sempre respectando o medio ambiente

Solicite o seu orzamento agora