Fomos recoñecidos nos IV Premios EmpréganoS Saúde Mental de Saúde Mental FEAFES Galicia, un galardón que pon en valor o compromiso das empresas coa inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental.
O premio foi recollido por Gala Casares, vicepresidenta de Grupo FARO, en representación de todo o equipo. Este recoñecemento reforza algo no que cremos profundamente: o emprego é unha ferramenta de inclusión, autonomía e dignidade. Apostar polo talento diverso non é só unha responsabilidade social, é unha forma de construír organizacións máis humanas, máis fortes e máis conectadas coa realidade.
Queremos agradecer a FEAFES Galicia o seu labor incansable e a todas as persoas que fan posible este camiño: equipos técnicos, entidades colaboradoras e, sobre todo, quen confía en nós para avanzar no seu proxecto profesional.
Seguiremos traballando para que a saúde mental e o emprego vaian sempre da man, creando oportunidades reais e derrubando barreiras.
Porque unha sociedade inclusiva constrúese entre todas e todos.
No seguinte enlace poden coñecer a información completa sobre este acto: https://feafesgalicia.org/noticias/iv-premios-empreganos-saude-mental/
