Apoiamos o pacto mundial
Este ano (2019) asinamos a nosa adhesión ao Pacto Mundial (Global Compact) promovido desde a Organización de Nacións Unidas, no cal se fai un chamamento a que as organizacións se aliñen voluntariamente cos Dez Principios aceptados universalmente para promover o desenvolvemento sostible nas áreas de dereitos humanos e empresa, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción nas actividades e a estratexia de negocio das empresas. Trátase da iniciativa máis grande e estendida do mundo en canto a Responsabilidade Corporativa.
En FARO Facility Services queremos achegar o noso grao de area e queremos facelo ademais de xeito activo, sendo partícipes neste cambio de forma directa.
Os dez principios da Rede Española do Pacto Mundial
Dereitos Humanos
- Apoiar e respectar a protección dos Dereitos Humanos.
- Non ser cómplices na vulneración dos Dereitos Humanos.
Normas Laborais
- Apoiar a liberdade de afiliación e a negociación colectiva.
- Apoiar a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.
- Apoiar a erradicación do traballo infantil.
- Apoiar a abolición das prácticas de discriminación.
Medio Ambiente
- Manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.
- Fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.
- Favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente.
Loita contra a Corrupción
- Traballar contra a corrupción en todas as súas formas.