A nosa política integrada de xestión
A Dirección do GRUPO FARO, integrado por LIMPIEZAS FARO, S.L, HIXIENE’S S.L. e FARO FACILITY SERVICES UNIPESSOAL, dedicada a SERVIZOS DE LIMPEZA PROFESIONAL E FACILITY SERVICES, consciente do compromiso que contrae cos seus clientes e co medio ambiente, estableceu na súa organización un Sistema Integrado de Xestión baseado nas normas UNE EN ISO 9001:20015, UNE EN ISO 14001:2015 e ISO 45001:2018, comprometéndose coa protección do medio ambiente e coa seguridade laboral, e orientado á consecución dos seguintes obxectivos:
- Asegurar que os produtos subministrados aos seus clientes son seguros, fiables e cumpren coas especificacións solicitadas, con outras especificacións non solicitadas, cos requisitos legais ou regulamentarios, coa lexislación e regulamentación ambiental aplicable, ademais de coas esixencias de carácter ambiental propostas polos seus clientes, levándose a cabo de tal forma que se asegure a protección do medio ambiente e a consecución de recursos e materiais valiosos.
- Lograr un proceso continuo de melloras e prevención de problemas, desenvolvido segundo os estándares da UNE EN ISO 9001:2015
- Mellorar continuamente a eficacia do Sistema Integrado de Xestión, incluíndo a mellora continua do seu comportamento e rendemento en materia de protección ambiental e conservación dos recursos utilizados na prestación do servizo, como poden ser aqueles produtos empregados para o mantemento e limpeza dos equipos, materiais de oficina, etc.
- Controlar e diminuír as non conformidades, coa conseguinte redución dos custos da mala calidade. Subministrar servizos cuxa relación calidade/prezo se adapte aos requisitos e expectativas dos seus clientes.
- Fixar, anualmente, obxectivos e metas de calidade, ambientais e de seguridade e saúde, e controlar o seu avance e consecución mediante un proceso de mellora continua.
- Desenvolver e manter un esforzo de grupo, poñendo énfase en aumentar a capacidade tecnolóxica do GRUPO FARO e en incrementar a súa competitividade no mercado, a través da mellora da calidade e da produtividade. Establecer programas de formación permanentes, que permitirán dispoñer de persoal cun maior nivel de cualificación para desempeñar as actividades comprendidas no Sistema Integrado de Xestión.
- Manter contactos permanentes cos seus clientes, co obxecto de poder colaborar conxuntamente na mellora da calidade dos seus servizos.
- Implicar, motivar e comprometer o persoal co obxecto de procurar a súa participación na xestión, desenvolvemento e aplicación do Sistema Integrado de Xestión implantado, e para lograr os niveis de calidade requiridos polo cliente.
O GRUPO FARO mantén o compromiso de protexer o medio ambiente, así como o de previr a contaminación, examinando a fondo calquera proposta para reciclar ou reutilizar os materiais residuais que se xeren como consecuencia das nosas actividades.
O GRUPO FARO comprométese a cumprir con calquera requisito que a organización subscriba relacionado cos seus aspectos ambientais. Animar e involucrar os empregados en temas de prevención de riscos laborais, no establecemento das normas e no cumprimento dos estándares de seguridade establecidos.
O GRUPO FARO comprométese a proporcionar condicións de traballo seguras e saudables para a prevención de lesións e deterioro da saúde relacionados co traballo, e axeitadas ao seu propósito, tamaño e contexto, e á natureza específica dos seus riscos para a SST e das súas oportunidades para a SST.
O GRUPO FARO proporcionará un marco de referencia para o establecemento dos obxectivos de SST.
O GRUPO FARO comprométese a cumprir os requisitos legais e outros requisitos.
O GRUPO FARO comprométese a eliminar os perigos e a reducir os riscos para a SST.
O GRUPO FARO comprométese a procurar a mellora continua do sistema de xestión de SST.
O GRUPO FARO comprométese a fomentar a consulta e participación dos traballadores a través dos seus representantes
A Dirección e o equipo humano de GRUPO FARO mantemos o compromiso de promover a seguridade e a saúde de todas as persoas que participan na nosa prestación do servizo; por iso, dentro das accións para conseguilo definimos a nosa Política Stop Work. A Política de “Stop Work” é aplicable a todas as empresas que forman parte do GRUPO FARO, nas súas operacións e servizos despregados nos territorios de España e Portugal nos que está presente.
En GRUPO FARO cremos firmemente que non hai nada máis importante ca a seguridade do noso persoal, clientes, subcontratistas e as comunidades onde desenvolvemos o noso traballo, transmitindo este principio de actuación a toda a organización.
Por todo o anterior, o GRUPO FARO promoverá e respaldará a decisión de deter os traballos se, ao avaliar as condicións e riscos presentes na prestación do servizo, estes puidesen causar dano aos/ás traballadores/as, á cidadanía, aos activos [nosos ou de terceiros] ou ao medio ambiente no que traballamos.
Se a acción, o comportamento inseguro, a omisión ou a falta de acción de calquera das partes involucradas nas nosas operacións pode resultar en danos, entón o traballo debe deterse inmediatamente e avisar ao Supervisor para que informe ao cliente respecto da situación.
De existir algunha dúbida razoable sobre a realización do traballo con seguridade, o/a traballador/a debe consultar inmediatamente co seu supervisor para buscar a mellor maneira de continuar o traballo de forma segura. O traballo detido debido a unha orde de Stop Work só debe retomarse unha vez definida a forma segura de realizalo e en coordinación co cliente.
Non se deberá culpar nin castigar a ningún/ha traballador/a que solicite deter algún traballo que estea a executar, mesmo se, tras a investigación, a orde de suspensión do traballo se considerou innecesaria.
Na orde de Stop Work debe aplicarse a boa fe.
Esta política forma parte da nosa cultura de prevención e pretende protexer as persoas que traballan con nós dun accidente ou risco laboral. Solicitamos que calquera persoa que detecte un posible risco ou comportamento inseguro o comunique inmediatamente ao seu superior ou responsable no Centro de Traballo e, se o risco é considerado crítico, deteña o seu traballo ou os traballos ata que se comprobe que a situación é segura.
Esta comunicación non terá ningún tipo de consecuencia negativa para a persoa que comunique; non se atribuirá culpa nin responsabilidade á(s) persoa(s) que sinalen estas situacións de boa fe, aínda que finalmente se determine que dita acción era innecesaria. A seguridade e saúde das persoas é unha característica da nosa cultura preventiva.
GRUPO FARO pon a disposición do público a súa política integrada de xestión.
É responsabilidade da organización do GRUPO FARO o obrigado cumprimento do establecido no Sistema Integrado de Xestión e, fundamentalmente, das persoas encargadas da realización das actividades comprendidas dentro do citado Sistema.
Esta Política comunicarase a todos os empregados e proporcionaranse os recursos axeitados, tanto técnicos como humanos e administrativos, para a dirección, execución e verificación dos traballos a través do Sistema Integrado de Xestión.
Mos, 25 de maio de 2021
Juan Luis Camanzo González
Director Xeral