Faro Facility Services reforza a súa presenza no sector industrial galego coa recente adxudicación dos servizos de limpeza en Galfrío e GPS (Galicia Processing Seafood S.A.), empresas pertencentes ao Grupo Rampesca, referente do sector pesqueiro e armador en Galicia.
Galfrío está especializada no almacenamento e comercialización de produtos conxelados, mentres que GPS se centra na transformación e elaboración de produtos pesqueiros. Ambos contornos requiren un tipo de limpeza complexo, técnico e altamente especializado, onde a precisión, a hixiene e a adaptación a procesos sensibles son esenciais.
Agradecemos a confianza depositada en Faro Facility Services e seguimos avanzando cun modelo de servizo profesional, seguro e aliñado coas esixencias do sector.



