Tras varios anos prestando o servizo de limpeza de mantemento no centro de Caetano Fórmula Galicia en Santiago de Compostela, recentemente ampliamos a nosa cobertura para asumir tamén as súas instalacións en Lugo, A Coruña, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, o que nos permite acompañar a este cliente en toda Galicia.
Caetano Fórmula Galicia, concesionario oficial de Renault e Dacia, combina unha forte actividade comercial con servizos de taller —mecánica xeral, chapa, pintura e posvenda—, o que implica espazos de exposición, zonas técnicas e áreas de atención ao público que requiren protocolos de limpeza específicos e moi controlados.
En FARO contamos con equipos especializados para esta casuística: desde manter impecables as zonas de venda ata asegurar a correcta xestión e limpeza de áreas técnicas con residuos propios de talleres.
A ampliación de confianza por parte de Caetano confirma a calidade e eficacia do noso traballo.
Seguimos avanzando, achegando solucións de limpeza profesional que suman valor real a cada proxecto.
Coñeza máis sobre Caetano Fórmula Galicia: caetano.es



