Nova adxudicación centros de Galicia CAETANO FÓRMULA

En Faro Facility Services seguimos consolidando colaboracións de confianza.

19 Febreiro, 2026

Tras varios anos prestando o servizo de limpeza de mantemento no centro de Caetano Fórmula Galicia en Santiago de Compostela, recentemente ampliamos a nosa cobertura para asumir tamén as súas instalacións en Lugo, A Coruña, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, o que nos permite acompañar a este cliente en toda Galicia.

Caetano Fórmula Galicia, concesionario oficial de Renault e Dacia, combina unha forte actividade comercial con servizos de taller —mecánica xeral, chapa, pintura e posvenda—, o que implica espazos de exposición, zonas técnicas e áreas de atención ao público que requiren protocolos de limpeza específicos e moi controlados.

En FARO contamos con equipos especializados para esta casuística: desde manter impecables as zonas de venda ata asegurar a correcta xestión e limpeza de áreas técnicas con residuos propios de talleres.

A ampliación de confianza por parte de Caetano confirma a calidade e eficacia do noso traballo.

Seguimos avanzando, achegando solucións de limpeza profesional que suman valor real a cada proxecto.

 

Coñeza máis sobre Caetano Fórmula Galicia: caetano.es

Calidade e excelencia na limpeza xeral

Outras novidades que lle poden interesar

Adxudicacións que reforzan a nosa experiencia e a confianza de entidades públicas e privadas.

11 Novembro, 2026

HIXIENES Nova Adxudicataria da Deputación da Coruña

HIXIENES, integrada no GRUPO FARO dende 1991, quen conta ademais coa experiencia e con ampla traxectoria na prestación de servizos, o que lle permite afrontar proxectos de elevada responsabilidade con garantías de calidade, proximidade e profesionalidade, reforza a súa presenza no sector público galego cun novo servizo para a Deputación da Coruña
21 Outubro, 2026

Nova adxudicación Concello de Lalín

FARO Facility Services resultou recentemente adxudicataria dos lotes 1, 2 e 3 do contrato de limpeza das instalacións municipais do Concello de Lalín, correspondentes aos centros escolares das zonas rurais, aos centros escolares da zona urbana e ás escolas infantís do municipio.
✕