A nova adxudicación consolida o posicionamento de HIXIENES na prestación de servizos de limpeza para as administracións e institucións públicas de Galicia.
HIXIENES continúa dando pasos para fortalecer a súa presenza no sector público galego. A empresa resultou adxudicataria do contrato de servizos de limpeza dos edificios da Deputación Provincial da Coruña.
Esta nova responsabilidade representa un paso máis no obxectivo de potenciar HIXIENES como unha empresa próxima, profesional e especializada na prestación de servizos ao sector público galego.
O coidado dos edificios e instalacións públicas require capacidade de organización, profesionalidade e, sobre todo, equipos preparados para responder ás necesidades particulares de cada centro. É desde esta perspectiva desde a que HIXIENES afronta este novo proxecto.



