ABANCA confiou novamente en Grupo FARO para o servizo de limpeza de mantemento do emblemático edificio do antigo Cine Avenida na Coruña.
Tras a súa rehabilitación integral, respectando a súa construción orixinal, será un espazo dedicado ao negocio con oficina minorista, oficina de empresas e espazo para equipos de apoio comercial, cunha superficie de máis de 3.000 m2.
Despois de ter realizado a limpeza de posta a punto para a súa inauguración, será un pracer poder desenvolver as nosas tarefas de limpeza de mantemento en Espazo Avenida de ABANCA.
Para máis información visite: https://comunicacion.abanca.com/es/noticias/abanca-inaugura-en-a-coruna-espacio-avenida/



