Estamos orgullosos de anunciar que fomos adxudicatarios do servizo de limpeza do novo Edificio Corporativo de Bandalux en Santiago de Compostela!
Unhas instalacións de máis de 9.100 m2 construídos, deseñadas polo recoñecido arquitecto Mauro Lomba.
Grazas á nosa ampla experiencia en limpeza profesional de grandes instalacións, garantimos un servizo impecable, eficiente e respectuoso co contorno. Sabemos o que implica manter espazos de alto nivel e estamos preparados para estar á altura.
A limpeza de mantemento abarca unha ampla variedade de superficies de gran calidade e require técnicas especializadas para preservar a súa aparencia e funcionalidade.
Este novo reto motívanos a seguir superándonos. Grazas a @bandaluxoficial por confiar en nós!
Para coñecer máis sobre Bandalux e os seus produtos pode visitar https://bandalux.com/es



