Nova Adxudicación ESTACIÓNS ADIF NOROESTE

Grupo Faro adxudicatario do servizo de limpeza de 60 estacións ADIF Noroeste en Galicia, Asturias e Castela e León.

28 Maio, 2025

En Grupo Faro seguimos avanzando

Anunciámoslles que novamente fomos os adxudicatarios do servizo de limpeza das estacións do Noroeste de ADIF nos Lotes 1 e 2.

  • Lote 1 Galicia con 32 estacións
  • Lote 2 Asturias, Castela e León con 28 estacións

En total, encargámonos de 60 estacións, asegurándonos de que cada unha delas estea limpa e coidada para que quen pase por elas se sinta a gusto.

Renovamos o noso compromiso, con máis ganas ca nunca de seguir ofrecendo un servizo de calidade.

Calidade e excelencia na limpeza xeral

Outras novidades que lle poden interesar

Adxudicacións que reforzan a nosa experiencia e a confianza de entidades públicas e privadas.